A Batalla de Brión, unha gran historia esquecida polo paso do tempo

"Año 1800, ataque británico a Ferrol" é o novo libro de Germán Segura García que lémbranos á perfección este enfrentamento épico que cambiou a historia mundial para sempre
1831a034-a7d9-4f61-9caa-f27bab340939

Ferrol, ao igual que as e os ferroláns, é moi peculiar. É unha cidade con moita relevancia histórica a pesar de que agora mesmo non se atope no seu mellor momento. E se hai algo de peculiar nos ferroláns é esa costume de non falar moi ben do noso, ás veces que o defendemos por enriba de calquera cousa. se é que ben é sabido que, por moito que nos afastemos, sempre acabamos voltando á terra que nos veu crecer.

Pois ben, un pequeno anaco da nosa historia – e grandioso en canto á súa importancia- é a Batalla de Brión, a cal cumpre este ano o seu 220 aniversario. Porén, a pesar da súa trascendencia inmutable co paso do tempo, moi poucas persoas coñecen este acontecemento bélico de tan grandes magnitudes.

Por iso esta fin de semana calquera que o desexe poderá conmemorar este feito con diferentes xogos e visitas guiadas, comezando o sábado na Praza de Armas e rematando o domingo no Castelo de San Felipe con ata tres actuacións teatralizadas e incluso unha búsqueda do tesouro.

Un anaco vivo de historia morta

“Año 1800, ataque británico a Ferrol” é o novo libro escrito por Germán Segura García, un gran experto na materia, sendo Comandante de Artillería e traballando na Subdirección General de Enseñanza Militar, a maiores da súa extensísima traxectoria académica e bibliografía a partes iguais.

Nado en Barcelona, non ten ningún vínculo directo con Ferrol, pero si familiares en Ourense que lle fan sentir un amor especial cara Galicia, “unha terra admirable” como tan acertadamente afirma. Dende moi pequeno e sen ser algo herdado sentiu unha paixón pola vida militar e pola historia, sendo un dos máis destacados escritores da historia bélica nacional.

 

Tras escribir sobre moitos temas históricos de onde xurde a idea de escribir sobre este episodio da nosa historia, a Batalla de Brión?

Como doctorado que son podería facer outras moitas cousas, pero o que creo que falta moito no noso país e é moi necesaria é a divulgación. Ao fin e ao cabo a pesar de que a Batalla de Brión trátase dun acontecemento histórico dunha gran relevancia a xente apenas o coñece, e dende o meu punto de vista se tratas ben os feitos e os tratas dunha maneira adecuada o público en xeral interesarase por afondar máis, e precisamente esto último é o que procuro co meu libro.

 

Estiveches en Ferrol para preparar a documentación do teu libro?

Si claro. Loxicamente un historiador antes de escribir sobre cualquera tema ten que documentarse pero, sobre todo, hai que visitar a zona e explorala moi bien. Así que aproveitando as miñas vacacións estiven pola cidade naval uns días e por moitos sitios emblemáticos: a praia de Doniños, o Castelo de San felipe, Brión… Eu quería ver a perspectiva do terreo e, ademais, se pertences ao mundo militar faste unha idea completamente diferente de como puido ser a Batalla de Brión só con visitar os lugares onde tivo lugar este feito histórico.

 

Foi tan heroica como o relato que chegou aos nosos días?

Por suposto, de feito hai moitas máis batallas que non tiveron tanta epicidade e que en cambio gozan dunha maior relevancia a nivel mundial. Un claro exemplo é a Batalla de Xibraltar, onde o imperio británico quería facerse co que hoxe coñecemos por Xibraltar debido a súa gran posición estratéxica. Pois ben, os británicos non ían tan preparados como viñeron a Ferrol, pero como de esa operación saíron victoriosos fíxose moi coñecida ata os nosos días. En cambio, tras fracasar na Batalla de Brión o relato deles era completamente distinto. Dicían que estaba medio abandonado e que a cidade naval carecía de valor polo que non puxeran todo o empeño necesario, pero tras chegar a Gran Bretaña o xeneral tivo que dar explicacións no Parlamento Británico xa que era unha deshonra que esta expedición fracasara da maneira en que o fixo.

 

Por aquel entonces tivo trascendencia a nivel nacional o acontecido na Batalla de Brión?

Moita pero desgraciadamente o noso coñecemento da historia é bastante deficiente e non nos gusta falar nin das nosas vitorias. A nós pásanos unha cousa, e é que as nosas derrotas son moito máis coñecidas que os nosos triunfos. Se nós mesmos non lle damos maior valor que o que lle poden dar os estranxeiros imos mal, e isa é a nosa gran pena historiográfica. Se os británicos tomaran Ferrol seguro que era unha historia coñecida en todo o mundo, pero como non foi así caeu no esquecemento, sendo un acontecemento do que Ferrol debería sentir moita honra.

 

Por que a base naval de Ferrol era unha das pezas máis codiciadas polos británicos?

Non hai dúbida de que, despois do Arsenal da Habana, e tendo en conta os únicos departamentos existentes, o de Cádiz, Cartagena e Ferrol, este último era o máis potente con diferenza. Era o que máis barcos construira, e máis resgardado debido á configuración da ría. Por aquel entonces era a xoia da coroa, e grazas á construción do Arsenal a civilización na cidade multiplicouse considerablemente. Pero a verdadeira intención dos británicos era destruir Ferrol e non tomala, xa que si na Batalla de Brión conseguiran destruir a cidade o imperio español  comezaría a racharse.

 

Que supuxo esta batalla nos enfrentamentos entre España e Gran Bretaña?

Naquel momento as dúas grandes forzas a nivel mundial eran tanto o imperio español coma o británico. Porén, a principal diferenza entre ambos imperios era a gran ferocidade que amosaban sempre os británicos. De feito, era tan importante o Arsenal de Ferrol que, tras o fracaso de Gran Bretaña en 1800 na Batalla de Brión, os británicos querían volver a intentalo catro anos máis tarde, pois a destrución da ciade era algo prioritario para eles debido ao gran papel que xogaba neste século, aínda que se retiraron ao saber que era unha fazaña prácticamente imposible.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.