A área de Ferrol continúa rexistrando máis altas epidemiolóxicas que novos casos por Covid-19, o que significa que o número de casos activos vaise reducinco paulatinamente. De feito, actualmente sitúanse en 153 os casos activos na área sanitaria de Ferrolterra . Destes, 146 atópanse en domicilio e só 7 están hospitalizados, dos cales ningún atópase na unidade de coidados intensivos.
Desde o inicio da pandemia xa son máis de 1.000 os casos detectados tralas 32.000 PCRs realizadas entre o Marcide, o punto móbil do Novoa Santos e as probas a domicilio. Destes, son 901 os veciños que xa superaron o virus. Nesta segunda onda non se rexistraron falecementos relacionados co coronavirus, polo que o total de falecidos por Covid segue a ser de 33 persoas.
Estabilidade escolar
Agora mesmo tras a crise sanitaria que estase a vivir, os centros escolares están no punto de mira debido a súa potencial perigosidade á hora de provocar a multiplicación de novos casos. Xa no que atinxe ao ámbito educativo, segundo a última actualización dos datos facilitada o pasado sábado, a cifra total de 6 escolares contaxiados parece manterse estable.
Ata o momento había un total de 5 escolas con positivos nas súas aulas: dous positivos en Narón -1 no CEIP de Piñeiros e 1 no CPI do Feal, un en Fene -IES de Fene-, un en Ferrol -IES Leixa- e un último no municipio de Ares -CPI As Mirandas-.