A CIG acusa a CCOO de propoñer unha bolsa de contratación eventual para Navantia en connivencia coa dirección da empresa

O sindicato maioritario no comité deféndese dicindo que a proposta ten un amplo respaldo dos delegados e que pretende "recuperar as capacidades da parte técnica"
1590744798206

Un novo cisma ábrese no comité de empresa de Navantia Ferrol. A actual situación da empresa, agravada en parte pola crise do Covid, está a xerar máis friccións das habituais entre os diferentes sindicatos e evidencia as discrepancias de criterio entre as centrais de traballadores. A Confederación Intersindical Galega (CIG) acusou onte a Comisións Obreiras (CCOO), que preside o comité, de «crear división entre os sindicatos para favorecer os intereses da empresa.

O sindicato nacionalista acusou nun comunicado a CCOO de actuar en connivencia coa dirección da factoría ao popoñer «a creación dunha bolsa de contratación eventual non publicitada na convocatoria do 2019 e dirixida, principalmente, para técnicos superiores».

«Crear unha bolsa temporal é unha estratexia de perda de tempo e resta urxencia a axilizar a convocatoria do presente ano», explican desde a CIG. «Insistimos en que hai que forzar á empresa a que acabe o proceso do ano 2019 e a que axilice a convocatoria do 2020 a través dun proceso digno dunha empresa pública, é dicir, con exames que permitan escoller ás persoas máis capacitadas e non as mellor relacionadas».

Pola súa banda, CCOO denunciuo, referíndose ao sindicato CIG, «a incapacidade que teñen algunhas organizacións para chegar a acordos, non coa dirección, senón coas demáis organizacións sindicais, dubidando constantemente da boa fé das nosas propostas». O sindicato maioritario no comité de empresa explicou que a proposta da bolsa de contratación eventual tivo «un amplo respaldo de 16 dos 22 delegados».

«A intención de dita proposta é esixir a recuperación das capacidades que tiña a parte técnica na nosa factoría, priorizando a contratación en ditas áreas, e complementando dita convocatoria con persoal eventual se fose necesario en lugar de optar pola subcontratación», apuntaron desde a sección sindical de CCOO Industria. Ademais, acusaron á CIG de «priorizar a súa estratexia sindical por enriba dos intereses dos traballadores».

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.