A CIG demanda á Xunta a elaboración dun Plan Integral para que a Ría de Ferrol recupere o seu esplendor

Dende o sindicato ven necesario un maior esforzo por parte da administración autonómica para que un dos piares básicos da economía comarcal sexa revitalizado
tg_carrusel_cabecera_grande

A Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil, Telecomunicacións e Actividades Afíns da CIG de Ferrol, esíxelle á Consellaría do Mar que adopte de xeito inmediato as medidas precisas para que a Ría de Ferrol volva ser un piar fundamental na economía da comarca.

A Ría de Ferrol, piar básico da comarca

O saneamento integral da Ría de Ferrol é unha necesidade que non pode esperar, pois de non se levar a cabo de xeito inmediato e decidido afondarase no abandono deste piar básico da economía da comarca. É por iso que dende a CIG demandan á Xunta a elaboración dun Plan Integral de recuperación da Ría de Ferrol para o marisqueo.

«Mentres non se arbitran estas medidas é preciso tamén darlle cobertura económica ás persoas que viven do sector e que están neste momento totalmente desprotexidas e abandonadas pola administración, subliñan dende a A Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil, Telecomunicacións e Actividades Afíns da CIG.

Dende a entidade loitan porque a Ría de Ferrol volva  ser unha base da economía da comarca que permita vivir de xeito digno as persoas que se dedican a esta actividade. «O deixamento e a incapacidade da Xunta de Galicia para enfrontar de raíz os problemas da Ría non son novidosos, pois o sector tense visto abocado historicamente a este desleixo por parte da administración autonómica», destacan.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.