A comunidade surfeira de Ferrolterra únese para atopar a táboa de Gony Zubizarreta

A tabla do surfeiro galego desapareceu na praia de Valdoviño, e estase intentando contactar cunha parella de avanzada idade que foron os últimos vistos con ela
WhatsApp Image 2020-09-08 at 22.29.33

O pasado martes 8 de setembro o famoso surfista galego Gony Zubizarreta amosaba a súa indignación pola desaparicón dunha das táboas coas que se dispoñía a practicar na praia de Valdoviño. O surfista publicou nas súas redes sociais unha fotografía da táboa para intentar atopala entre toda a comunidade surfeira de Ferrolterra.

Polo momento, a única pista que se ten do paradeiro da tan famosa táboa é unha última instantánea enviada ao perfil de Instagram de Gony Zubizarreta, na cal pódese observar como unha parella de persoas maiores está a abandoar a propia praia de Valdoviño coa tan famosa táboa. Descoñécese polo tanto se se trata dun roubo intencionado ou pola contra a parella levouna con eles porque pensaban que estaba desaparecida.

«Unha rabia… é que esa táboa a necesito. Aos que a colliches se necesitades unha táboa ata os agasallo unha se queredes pero por favor devolvédeme esa táboa», finalizaba Gony nun dos seus comunicados por redes sociais antes de que a movilización da comunidade surfeira comezara a facer o seu. Ata o de agora non hai máis noticias que a foto da parella, pero seguramente coa axuda de todos Gony poderá volver a montarse na tan preciada táboa unha vez máis.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.