A Deputación e o Concello firman un convenio destinado a triplicar o orzamento á Casa de Acollida de Ferrol

Máis de 100.000 euros serán utilizados para axudar a unha entidade que presta apoio, información e asesoramento esencial a vítimas de violencia de xénero
Casa Acollida 1

A Deputación da Coruña triplica este ano o investimento destinado á Casa de Acollida a vítimas de violencia de xénero do Concello de Ferrol, e polo tanto a axuda pasa de 32.569 euros do exercicio anterior a 100.891,64 euros. Deste xeito, reforzarase e dotarase de máis recursos un servizo social esencial como este cando é máis necesario.

O presidente do ente provincial, Valentín González Formoso, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a deputada de Igualdade, María Muíño, asinaron esta mañá na sede provincial o acordo a través do que a Deputación achega o 26,43 % dos orzamento anuais de mantemento deste centro que dá atención ás vítimas desta lacra social e aos menores dependentes delas desde o ano 1986.

A Casa de Acollida de Ferrol

Esta entidade constitúe un recurso de estadía temporal, atención e recuperación para estas mulleres, así como para os e as menores ao seu cargo. Así, ofrécese un servizo esencial para a protección e atención destas persoas ante unha situación de grave risco como esta. O espazo permite a estas persoas, en situación vulnerable,recibir apoio, información e asesoramento en materia social, xurídica e psicolóxica no momento máis complicado.

Maior investimento nun momento de maior necesidade

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que a Deputación «triplica este ano o seu investimento nun marco de crise económica pero tamén nun momento no que este compromiso é máis necesario que nunca», xa que a Casa de Acollida de Ferrol, que presta servizo a toda a comarca, «mellora a vida dun colectivo especialmente vulnerable» como é o das mulleres que sofren a violencia de xénero.

O alcalde, Ángel Mato, agardeceu a sensibilidade da Deputación neste tema e destacou que para a Casa de Acollida de Ferrol «é fundamental este apoio da Deputación da Coruña, unha das poucas administracións que en tempo de pandemia respostou sempre ás necesidades dos municipios». «Este é un ano delicado, especialmente tamén para esas mulleres máis vulnerables e que se faga este esforzo é clave para poder garantir un servizo básico como este», afirmou o alcalde.

A deputada de Igualdade, María Muíño, sostivo que o convenio «reflicte o compromiso desta Deputación contra a violencia de xénero» e subliñou que permitirá aumentar o persoal do centro para mellorar a atención a este colectivo.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.