A Deputación financiará as obras de saneamento ao lugar das Picas, en Fene

Destinaranse un total de 58.844 euros para dotar a este núcleo veciñal pertencente á parroquia de Magalofes dun servizo esencial
dd220fda2b562ea6b5cf45dabef1ad06_f34772

A Deputación da Coruña destina 58.844 euros a través do Plan Único para financiar o proxecto de dotación do servizo de saneamento de augas fecais ao lugar das Picas, na parroquia de Magalofes pertencente ao Concello de Fene.

Os traballos, que permitirán dotar este núcleo dun servizo esencial co que non contaba ata o de agora a maiores de ampliar a rede de saneamento municipal, durarán tres meses e inclúen o movemento de terras para a instalación de tubaxes e colectores necesarios para a evacuación de augas fecais , deixando para o final a reposición do pavimento afectado.

Esta actuación complementará a unha anterior realizada nas parroquias de Magalofes e Sillobre, para dotar de saneamento concretamente os núcleos do Feal e Regueiro, pero da que non se podían beneficiar as vivendas do lugar das Picas ao estar situadas a maior cota que o colector executado.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.