A edil Eva Martínez visita o edificio Méndez Núñez onde a Afal desenvolve provisionalmente o seu taller

O concello de Ferrol acaba de anunciar á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer o novo acceso adaptado do que dispoñen no antigo Hospicio
afal2

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, visitou o pasado luns o salón de actos do antigo Hospicio, onde de forma «provisional» a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ferrolterra -Afal- desenvolve o taller Estimulación en Estadios Iniciais.

A cesión con carácter temporal deste espazo municipal á entidade social é froito da coordinación entre as concellerías de Patrimonio, que dirixe María Teresa Deus, e a de Benestar Social, da que é titular Martínez Montero.

Durante a visita, responsables de Afal solicitaron á edil a posibilidade de habilitar un acceso adaptado ao recinto, petición que xa foi satisfeita por parte da concellería de Benestar Social. Tamén acordaron manter unha reunión o próximo 7 de outubro co fin de abordar asuntos de interese para a asociación e explorar novas vías de colaboración. Por último, Martínez Montero acordou que a fachada do teatro Jofre iluminarase o próximo 21 de setembro con motivo da celebración do Día Mundial do Alzheimer.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.