«A galiña Turuleca» chega este xoves á pantalla ao aire libre de Neda

A partir das 22.00 horas dendo os máis cativos ata os maiores poderán desfrutar deste film de debuxos animados completamente de balde
107703848_2651904955051470_8048495156362782519_o

O Concello de Neda xa ten preparada unha nova sesión de cine ao aire libre onde os máis pequenos e tamén os maiores terán asegurada a súa diversión este xoves. Na pista polideportiva do Roxal proxectarase o filme de animación «A Galiña Turuleca» a partir das 22.00 horas.

A entrada é completamente de balde pero require de reserva anticipada de entrada. Esta reserva debe solicitarse na Casa da Cultura de 10.00 a 14.00 horas ata o mesmo xoves ou chamando no mesmo horario ao teléfono 981 39 02 33. A reserva debe realizala unha persoa adulta e aportar nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto.

O Concello tentará agrupar ás familias e tamén aos grupos de amizades de cara a optimizar un espazo que se verá mermado polas distancias sociais que se precisan gardar. Así mesmo, o día da sesión as persoas deben acudir cunha antelación mínima de 10 minutos antes do inicio da proxección para acomodar espazos e así poder manter as medidas de seguridade da maneira máis óptima posible.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.