A Gándara e a Solaina contan con dous corredores activos para fomentar a aprendizaxe dos máis cativos

Estes espazos lúdicos e á vez educativos permiten aos pequenos poder aprender máis sobre a importancia que ten a seguridade viaria
Corredor activo A Solaina

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e outros membros do goberno local desprazáronse esta mañá á Praza da Gándara e á Praza 23 de Novembro, na Solaina, para visitar os dous corredores activos instalados en zonas públicas da cidade.

Os corredores activos da Gándara e A Solaina complementan aos instalados tanto no interior dalgúns centros educativos da cidade como no exterior –nos colexios do Val e Ponte de Xuvia-, e que se dirixen a alumnado de educación Infantil e Primaria.

A través dun percorrido deseñado especificamente para a ocasión os menores dispoñen dunha zona de saída para camiñar sobre un tramo con semáforos, pasos de peatóns, túneles, animais, sinais de tráfico e indicacións sobre a igualdade, a reciclaxe, e co novo contedor orgánico de cor marrón que en pouco tempo se comezará a instalar na cidade.

O proxecto dos Corredores activos iniciouse en Narón no ano 2018 e na actualidade divídese en tres áreas: os corredores dos centros de ensino, a aprendizaxe a través dunha actividade de robótica cun robot educativo e unha alfombra que están nas aulas e, dende agora, con dous corredores en espazos públicos da cidade. As nenas e nenos realizan actividade física desenvolvendo dun xeito lúdico as súas capacidades psicomotrices e, ao mesmo tempo, as intelectuais, realizando o que para eles é unha especie de xogo dun xeito autónomo.

A alcaldesa quixo destacar destas iniciativas a forma de poder contaar coa Educación Viaria tamén fóra das aulas, complementando así á formación dos colexios e concienciando ás nenas e nenos sobre a importancia de respectar os sinais de tráfico, fomentar a igualdade e tamén o coidado do medio ambiente.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.