A Mancomunidade reforza a candidatura do Xeoparque do Ortegal ante a Unesco

A entidade supramunicipal acordou, ademais, lanzar unha campaña do promoción do destino Ferrolterra-Rías altas para apoiar ao turismo na zona
80016096_129136245217136_8558698634885988352_o

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol celebrou onte á tarde o seu primeiro pleno presencial dende a declaración do estado de alarma debido á epidemia da covid-19, o pasado 14 de marzo. Nesta xuntanza, os representantes dos municipios acordaron mostrar o seu apoio á candidatura de Xeoparque Mundial do Cabo Ortegal, presentada recentemente por Cariño, Cerdido, Cedeira, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño.

Tal e como estes concellos (dous dos cales, Cedeira e Valdoviño, tamén forman parte da Mancomunidade) lle fixeron chegar en días pasados ao presidente da entidade supramunicipal, para acadar o recoñecemento que concede a Unesco é fundamental demostrar o favor de organismos e Administracións significativas da zona á que atangue.

Ao pleno, presidido polo alcalde de Ferrol, Ángel Mato, asistiron os rexedores de Ares, Julio Iglesias; Cabanas, Carlos Ladra; Fene, Juventino Trigo, e Valdoviño, Alberto González, ademais do segundo representante do Concello ferrolán, Iván Rivas e o concelleiro Miguel Mahía por parte de Mugardos. Outro dos asuntos que trataron foi o da problemática da apertura das praias durante o proceso de recuperación da normalidade e durante o verán.

Todos estiveron de acordo en estudar a colocación de carteis informativos comúns a todos os concellos e que sirvan, ao mesmo tempo, para promover a marca do destino turístico Ferrolterra-Rías Altas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.