A naronesa Intaf invertirá máis de 5 millóns de euros para ampliar a súa capacidade productiva

O xerente do grupo Intaf, José Ramón Franco, asegurou que os novos investimentos provocarán un crecemento do emprego na cidade, puidendo triplicar o actual plantel
Reunión Concello

O Concello de Narón acolleu esta mañá a reunión mantida entre a alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Urbanismo, Manuel Ramos, co xerente do grupo Intaf, José Ramón Franco, e o avogado e apoderado do citado grupo, Nonito Aneiros.

Máis de 5 millóns de euros en investimento

No transcurso da xuntanza Franco presentoulles a Ferreiro e Ramos o Plan de investimentos que o grupo Intaf porá en marcha na cidade para ampliar a súa capacidade produtiva, loxística e tecnolóxica. Nos proxectos participados polas empresas do grupo previstos para executar nos vindeiros dous anos estímase un investimento conxunto que ascende a 5,1 millóns de euros.

Destes, tal e como avanzou Franco 3,1 se reservan para maquinaria tecnolóxicamente avanzada e equipos complementarios. Posteriormente1,9 se destinarán a novas infraestruturas e, finalmente, os 100.000 euros restantes a investimentos TIC e consultoría especializada.

Os investimentos traduciranse na ampliación de espazo produtivo e solo industrial en Río do Pozo, maquinaria tecnoloxicamente avanzada, creación de novas empresas, materialización de proxectos de expansión do grupo e adquisición de novo equipamento… entre outras.

Ferreiro valorou os plans inversores do do grupo Intaf na cidade e o traballo que realiza, recoñecido a nivel nacional e internacional. «É un orgullo para unha cidade como Narón a aposta de empresarios locais por manter as súas empresas na cidade, xerando emprego tanto neste concello como noutros da comarca e de fóra e diversificando a súa actividade en varios sectores, como a industrial e a enerxía e porturario, con importantes investimentos como os que realizará o grupo Intaf nos vindeiros dous anos», subliñou a alcaldesa.

Novos postos de traballo asegurados

Así mesmo, a alcaldesa destacou o feito de que «este plan inversor contemple a creación de novos postos de traballo e teña en previsión manter o emprego actual das empresas do grupo». Ao respecto, Franco asegurou que á vista da evolución doutros plans de investimento executados crese que a cifra de emprego podería triplicarse.

«Quero destacar o valor deste grupo naronés, que a pesar da crise do sector naval soubo reinventarse e especializarse conservando o marcado carácter familiar que sempre o caracterizou», apuntou Ferreiro. A rexedora local recordou que no ano 2016 «o Concello de Narón homenaxeou a tres empresas locais, entre elas o grupo Intaf, por levar naquel entón máis de 75 anos asentadas no municipio, un recoñecemento aos valores de grandes equipos humáns, como é o caso deste grupo, que contribúen a facer de Narón o motor económico desta comarca e todo un referente en múltiples sectores a nivel nacional e internacional».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.