A piques de rematar os días para que as entidades deportivas de Narón soliciten as súas subvencións

O Concello reserva no orzamento unha partida de 85.000 euros para realizar o pago destas axudas a aqueles equipos deportivos municipais
89352140_2526123910986109_5734877106576293888_o

O Concello de Narón pechará este sábado, día 19 de setembro, o prazo de solitude de subvencións a clubs e entidades deportivas de ámbito municipal correspondentes a este ano.

O concelleiro de Deportes, José Oreona, recordou que as persoas interesadas en acollerse a esta liña de axudas dispoñen de toda a documentación, así como do impreso de solicitude na páxina web do Padroado de Deportes de Narón, no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/subvencions-deportivas. A tramitación debe realizarse a través do Rexistro do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30 horas.

As subvencións diríxense a clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro e convócanse co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento das súas actividades no ámbito municipal. Para poder optar a estas axudas é preciso cumprir os requisitos establecidos na Ordenanza municipal reguladora da concesión de subvencións e axudas públicas do Concello de Narón –publicada no BOP nº 2 do 3 de xaneiro de 2018-.  O Concello reserva no orzamento unha partida de 85.000 euros para realizar o pago destas subvencións

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.