Un novo vehículo 4×4 para as labores rurais da Policía Local de Narón

Reforzará as tarefas realizadas pola sección de Obras e Medio Ambiente
Novo vehículo Policía Medio Ambiente

A alcaldesa e o concelleiro de Seguridade Cidadá participaron esta mañá do venres 17 de xullo xunto co xefe da Policía Local no acto de recepción dun novo vehículo para a sección de Obras e Medio Ambiente da Policía Local de Narón. O modelo adquirido polo Concello, un Toyota Land Rover, sumarase a outro vehículo que utilizaba o persoal do servizo, un Nissan Qashqai. O novo vehículo procurará reforzar o traballo que realizan dende a Policía Local na área de Medio ambiente.

Así mesmo, as prestacións do Land Rover 4×4 farán posible poder acceder a camiños dificultosos ou a zonas de monte ás que ata agora había que chegar coa axuda dun vehículo con similares prestacións do Speis de Narón para poder realizar os pertinentes informes.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.