A Policía Local participará no sistema Vioxen de loita contra a violencia machista

Os axentes da Policía Local e a Policía Nacional axuntarán esforzos para previr actos de violencia machista e así loitar contra esta lacra social
200709_SDC_XLS_Ferrol

O Concello de Ferrol e a Subdelegación do Goberno da Coruña ratificaron a participación da Policía Local deste municipio no sistema Vioxen de loita contra a violencia de xénero, segundo acordou a Xunta Local de Seguridade reunida baixo a presidencia do alcalde Ángel Mato e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo.

O sistema Vioxen permite á Policía Local dispoñer de máis información sobre todos os casos activos de violencia machista, de tal maneira que os propios policías locais asumen o seguimento e control dalgúns destes casos, xeralmente daqueles que sexan considerados de nivel de risco baixo, mentres que a Policía Nacional se encarga dos casos máis graves.

Este protocolo establécese tras a creación da Mesa Local de Coordinación Policial na que están presentes a Policía Local e a Policía Nacional, ademáis da Policía Nacional Adscrita, e que ten como finalidade principalincrementar a coordinación e a propia loita contra a violencia machista, posibilitando un mellor aproveitamento de todos os recursos dispoñibles para previr este tipo de violencia a nivel local.

Ao remate da reunión, a subdelegada do Goberno trasladou aos representantes das forzas e corpos de seguridade presentes na mesa o seu agradecemento polo traballo e polo esforzo desenvolvido nos últimos meses, incidindo na importancia de manter a excelente coordinación existente entre todas as forzas. O alcalde de Ferrol tamén agradeceu á Policía Nacional e á Subdelegación do Goberno a súa cooperación leal e traballo durante as semanas nas que estivo vixente o estado de alarma garantindo que este periodo se desenvolvera en condicións de seguridade cidadá.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.