A praza da Gándara collerá sabor esta fin de semana co obradoiro «Chef solar e alimentación saudable»

Este programa municipal desenvolverase o próximo sábado 19 entre as 11.00 e as 14.00 horas onde a cociña e o medio ambiente fusionaranse nun só
119485654_2743270435930344_2433215319522503234_n

A praza da Gándara de Narón acollerá este sábado 19 de setembro un novo obradoiro de «Chef solar e alimentación saudable», pertencente ao programa municipal «Narón en Transición». O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, indicou que a cita se desenvolverá entre as 11.00 e as 14.00 horas sen desatender en ningún momento todas as medidas establecidas para previr a Covid-19 debido á actual situación sanitaria.

Ao evento poderán asistir todas persoas que o desexen sen ser necesaria a inscripción previa e sen ter ningunha preferencia por idade. Principios básicos de enerxía solar térmica aplicada á cocción solar, modelos e tipos de cociñas solares, usos e funcionamento de cada modelo, prácticas de pasteurización e cocción, montaxe dun pasteurizador e unha cociña solar de baixo custo forman parte das propostas deste obradoiro relacionado directamente co medioambiente.

A maiores, durante a mañá tamén se poderá participar nun obradoiro de Pinta sol e pirógrafo solar e haberá mostras lúdicas da aplicación solar fotovoltaica e de concentración.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.