A recuperación da industria logra soster a caída do paro en Ferrolterra

O Eume e Ortegal non resisten o desemprego estacional que aumenta nun 5% e nun 8%, respectivamente
Soldadora-MIG-MAG-cómo-funcionan

O último boletín mensual do paro publicado polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) deixa un panorama estable en canto ao emprego na comarca de Ferrolterra, que só aumentou en cinco persoas o número de desempregados respecto ao mes de agosto, deixando un balance total de 11,188 demandantes de traballo. Ao igual que no resto de Galicia foi o sector industrial o que conseguiu soster a caída do paro, grazas aos máis de 300 novos contratos que se formalizaron neste periodo. Só na cidade de Ferrol se crearon 146 postos de traballo no sector da industria. De feito, na cidade departamental, así como en Fene, o desemprego descendeu en 13 e 32 persoas, respectivamente.

A outra cara da moeda atópase nas comarcas de Eume e Ortegal, que no lograron deter o efecto estacional do mes de agosto e viron incremento o seu número de desempregados. O Eume suma 65 novos parados ata alcanzar os 1.270, un 5,39% máis. Destes, 843 son do sector servizos que foi onde se destruíron máis contratos co fin da estación estival. Un caso similar ocorreu no Ortegal, onde no mes de setembro os demandantes de emprego aumentaron en 49 persoas ata as 603, o que supón un aumento dun 8,84% . Máis da metada, 390, pertencen ao sector servizos.

Aínda con todo o panorama continúa a ser negativo se o comparamos coas mesas datas do pasado ano. En Ferrolterra, en setembro de 2019 había 1.155 parados menos, no Eume 189 menos e no Ortegal a taxa interanual vaise ata os 108, case un 22% máis.

 

CONCELLO PARADOS SETEMBRO PARADOS AGOSTO VARIACIÓN
CABANAS 175 162 13
CAPELA, A 48 48 0
MONFERO 50 52 -2
PONTEDEUME 492 461 31
AS PONTES  

505

 

482

 

23

Total 1,270 1,205 65
       
       
ARES 393 379 14
CEDEIRA 373 353 20
FENE 868 900 -32
FERROL 5,489 5,502 -13
MOECHE 50 49 1
MUGARDOS 365 363 2
NARÓN 2,743 2,719 24
NEDA 316 319 -3
SAN SADURNIÑO 151 151 0
SOMOZAS, AS 60 58 2
VALDOVIÑO 380 390 -10
Total 11,188 11,183 5
       
       
CERDIDO 68 58 10
MAÑÓN 42 29 13
ORTIGUEIRA 301 285 16
CARIÑO 192 182 10
Total 603 554 49
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.