A rehabilitación do casco histórico de Ferrol avanza a bo ritmo

O alcalde visitou as obras que estanse a realizar na rúa Carmen Curuxeiras, unhas reformas adxudicadas por máis de 268.000 euros
2020_08_27AlcaldeCarmenCuruxeiras02

Onte mércores 26 de agosto a rúa de Carmen Curuxeiras acolleu a visita do alcalde da cidade, Ángel Mato, acompañado polos responsables dos traballos para analizar en conxunto as distintas solucións que se contemplan para a instalacións dos pavimentos, canalizacións, mobiliario e alumeado público.

As obras, que inclúen tamén a reurbanización de Calatrava e de Mercé entre Benito Vicetto e Manuel Comellas, comezaron aínda este mes polo que se atopan aínda nunha fase inicial. Ata o momento retiráronse as lousas históricas do primeiro tramo da rúa e, unha vez que se completen as novas canalizacións, estas serán repostas.

Pola súa banda, o edil mostrou a súa convicción de que proxectos coma este van lograr o obxectivo de recuperar e revitalizar a zona histórica da cidade. Para o rexedor, a reurbanización de Carmen Curuxeiras é un gran paso tamén para poñer en valor o Camiño Inglés, e avanzou que a intención do goberno local é darlles continuidade a actuacións coma esta e a de Espartero, que xa está en proceso de licitación, con outras que completen a transformación do barrio.

Renovación das instalacións e do pavimento

A reurbanización de Carmen Curuxeiras saíu a licitación cun importe de 307.934,74 euros, pero finalmente foi  adxudicada por 268.499 euros. Os traballos contemplan o mantemento das mencionadas lousas tradicionais de granito que aínda se conservan nesta vía, mentres que o resto do pavimento será retirado para substituílo por outro acorde co entorno.

Así, os tramos de Carmen Curuxeiras, Calatrava e Mercé que agora mesmo son de formigón pasarán a ser de pedra. Todas as instalacións, eléctricas, de telecomunicacións e de gas, serán soterradas e renovaranse as canalizacións do abastecemento de auga e dos sumidoiros. Está previsto que a iluminación existente sexa substituída por puntos de tecnoloxía LED sobre catenaria e o mobiliario urbano será renovado por completo.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.