A rúa Celso Emilio Ferreiro de Canido pasa a ser dun único sentido

O sentido de circulación será de Canido á estrada Alta do Porto, e na marxe dereita da vía habilitarase un camiño peonil

O concelleiro de Seguridade e Tráfico visitou esta mañá do 2 de xullo a rúa Celso Emilio Ferreiro para comprobar como se están a desenvolver os traballos para habilitar un camiño peonil na marxe dereita da vía. Dende hoxe, o sentido de circulación do tráfico será único -de Canido á estrada Alta do Porto- polo que os vehículos non poderán acceder a Celso Emilio Ferreiro.

A senda para os viandantes está delimitada por marcas horizontais no pavimento e por bolardos instalados ao longo do percorrido. Tamén se está colocando sinalización vertical para regular o tráfico e a dirección da circulación. Na zona próxima á estrada Alta, onde o ancho da rúa é maior, habilitaranse novas prazas de estacionamento.

O novo paseo peonil ten 1,8 metros de ancho no lateral próximo á Malata e abarca o tramo desde a estrada Alta ata a rúa Maiola. Suporá unha alternativa segura para os estudantes que acudan a diario ao IES Canido e a outras escolas próximas.

Pola súa parte o responsable de Tráfico indicou que o fin único de dita actuación é “avanzar na protección dos nosos estudantes no seus traxectos diarios aos centros de ensino”.

Salir de la versión móvil