A sala INK organiza un concerto benéfico on-line en favor de Cruz Roja

Un total de 18 artistas de panorama galego e nacional participarán no "Galihome Fest", que se retransmitirá en directo polo Facebook

A Sala Ink organizará este sábado un evento solidario dixital en favor de Cruz Roja que contará coa presencia de 18 artistas do panorama galego e nacional. Según explicaron organizadores do “Galihome Fest”, que é como se chamará o evento, a idea “nace dun grupo de amigos que decidiron dar un paso adiante para poñer o seu grao de area na loita contra o Covid-19 e contra as consecuencias económicas inmediatas desta crise”.

A banda da loba, Al Vila, Adrián López, Alejandra Pais & Boris, Cinema, Compota, Federato, Grupo Beatriz, Irene Caruncho, Josy da Graver, Juanfran, DJ Mou, DJ Mr. Cong, New York, París de Noia, Sabela, Tanxugueiras e DJ Werry serán os artistas que participen neste evento online que se retransmitirá ás 23.00 horas do próximo sábado 16 de maio, a través da páxina de Facebook da Sala Ink e da de Cruz Roja Ferrol.

Ademais, o concerto tamén se poderá escoitar pola radio a través da emisora  musical Formula Fun, na 91.3 na Coruña e na 90.3 en Ferrol.

 

Salir de la versión móvil