O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio o próximo luns 24 de agosto. Estará diante da casa consistorial en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Para maior seguridade, pide cita previa para doar no teléfono 900 100 828.
Calquer persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C…), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.