A videovixilancia do tráfico chega as rúas de Ferrol

A Policía Local terá á súa disposición este equipo que lle permite controlar en todo momento o cumprimento das normas nos diferentes puntos da cidade
2020_08_22SistemaVideovixilancia04

A Policía Local de Ferrol recibiu onte os dispositivos que forman parte do seu novo sistema de videovixilancia do tráfico. Está integrado por catro cámaras especiais, que se conectan a dúas tablets con rede de datos e dúas impresoras que se montarán nos coches patrulla segundo as necesidades de cada servizo.

Estes equipos facilitaranlles aos axentes o control da circulación e do cumprimento das normas, xa que son capaces de ler as matrículas sen lugar a erro aínda en movemento. Ademais de identificar infraccións como o estacionamento en dobre fila ou sobre beirarrúas e verificar o tempo de aparcamento de cada vehículo nas rúas, os aparatos permitirán realizar outro tipo de labores, como comprobar de maneira inmediata a situación administrativa de calquera vehículo. Por exemplo, se conta con seguro, se pesan sobre el precintos ou embargos ou se ten ao día a inspección técnica.

Tamén alertará aos axentes cando detecte vehículos que consten como roubados ou dos que se sospeita que se empregan en actividades ilícitas, da mesma maneira que dos que sexan utilizados usualmente por condutores multirreincidentes ou delincuentes.

Labor de concienciación cidadá

Está previsto que nos próximos días os axentes municipais reciban formación específica para o manexo dos equipos, tras o que o sistema de videovixilancia comezará a funcionar. Para a súa posta en marcha abrirase un período informativo durante o que se fará público o tipo de infraccións que detecta con máis frecuencia e en que puntos da cidade.

Os novos dispositivos de videovixilancia son totalmente portátiles e pódense colocar nos coches patrulla en cuestión de minutos. Cada unha das catro cámaras cubre un campo de visión de 90 graos, polo que, dependendo do servizo que se planifique, instalaranse as catro nun mesmo vehículo policial -para comprobar a situación de toda a vía- ou só dúas -un lateral-. A súa versatilidade permite incluso que se empregue unha soa cámara, coa única condición de que estea dispoñible unha fonte de alimentación eléctrica.

Isto é especialmente útil para poder facer un reconto de vehículos que circulan cada día por unha determinada rúa ou estrada, co fin de coñecer o tráfico que soporta, ou para mellorar a efectividade dos controis policiais: situada a certa distancia, serve para advertir aos policías da chegada de vehículos e ofrecerlles o seu historial. Isto é posible grazas a que o sistema dispón da ferramenta telemática Atex, que permite ás entidades locais consultar diretamente coa Dirección Xeral de Tráfico información sobre vehículos e condutores.

Os procedementos habituais para o control do tráfico son dous. Un consiste na captación de imaxes para que o propio axente as vaia revisando e determinando cales son as infraccións. Outro, en que o propio policía, mentres o coche dotado de cámaras fai labores de vixilancia, indique de forma manual cada infracción que debe quedar rexistrada polas cámaras.

Por outra banda, o sistema dispón de varios modos de funcionamento, que se poden configurar para realizar labores moi concretas, como revisar especificamente a dobre fila ou o estacionamento sobre beirarrúas. En todos os casos, a verificación final sobre se se debe emitir unha sanción ou non corresponde ao axente.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.