A vindeira semana comezarán as obras de reparación do chan do barrio da Magdalena

Invetiranse preto de 40.000 euros en arranxar lousas rotas, afundidas ou a colocación de varios elementos, onde se prevén realizar case 300 intervencións
Lousas6

A concellería de Obras e Servizos de Ferrol iniciará a próxima semana o plan de reparación de lousas rotas, afundidas ou a colocación de novos elementos no barrio da Magdalena, un proxecto que contempla ao redor de 300 intervencións e cuxo prazo de execución é de dous meses.

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, acompañado pola concelleira de Obras e servizos, o edil de Urbanismo, así como técnicos municipais e responsables da empresa encargada dos traballos, percorreu onte as rúas do centro para repasar os lugares nos que se actuará segundo o programa municipal. O plan de reparación de lousas, que conta cun orzamento de preto de 40.000 euros, vaise centrar especialmente en rúas peonís nas que se detectaron perigos para o tránsito dos viandantes.

Consistirá na recolocación de pedras que están soltas ou desniveladas, para o que se retirarán e se actuará sobre o morteiro inferior co obxectivo de nivelalas. As que estean deterioradas serán substituídas por outras de características similares e onde haxa afundimentos na rúa repararanse tratando de conservar as lousas existentes.

Tamén se realizarán traballos complementarios en arquetas, bolardos, bordos ou adoquíns. As principais rúas nas que se vai a actuar son Magdalena, Real, Dolores, María, Sol, Sánchez Barcáiztegui, Coruña, Igrexa, praza de España e Amboage, entre outras.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.