A Xunta achegará máis de 30.000 unidades de material sanitario na comarca de Ferrolterra

Máis de 12.000 máscaras e 18.000 luvas entregaranse ás residencias e entidades sociais no territorio para previr un novo avance da Covid-19
WhatsApp Image 2020-07-31 at 10.39.08

A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino ás residencias e entidades sociais da área de Ferrolterra. Nesta comarca a partida inclúe un total de12.871 máscaras e 18.200 luvas.

Entre o material enviado esta semana incluíronse tamén botes de xel hidroalcohólico e garrafas de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á administración autonómica tendo en conta as súas necesidades actuais.

Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado 18 envíos de material aos centros sociais da comarca con material de protección. Concretamente, no que levamos de crise a Xunta fixo entrega de 266.930 luvas e 219.128 máscaras, entre outro material de protección.

Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística posta en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.