A Xunta destina un millón de euros á comarca de Ferrolterra para a contratación de 123 desempregados

Faranse a través do programa Aprol Rural, do programa de contratación para perceptores do Risga e para desempregados
D04Y7028

O Consello da Xunta deu luz verde a varios programas de emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a comarca de Ferrolterra para o 2020 aos que se destinarán máis de 1 millón euros para os tres plans de emprego da Xunta: Aprol Rural para desempregados do rural; as axudas para a contratación de perceptores da Risga e para desempregados para realizar obras ou servizos de interese xeral. En total crearanse 123 postos de traballo na cidade e municipios da área de Ferrolterra.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou que o Aprol Rural, co que se apoia a contratación de persoas sen emprego no rural galego, financiará a totalidade dos custos salariais nos contratos, incluída a Seguridade Social segundo estea marcado no convenio colectivo vixente no momento no que o concello presentou a súa solicitude.

Aprol Rural suma na comarca de Ferrol 301.000 euros, un orzamento co que se financiará a contratación durante un período de 9 meses, e creará 22 postos de traballo para a realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Terán prioridade os concellos fusionados e os emprendedores. Como novidade con respecto a anteriores edicións, os concellos rurais de menos de 2000 habitantes poderán contratar a persoas que xa fosen contratadas por un período igual ou superior a 9 meses con cargo a axudas concedidas no ano 2019.

Risga e desempregados

Polo que respecta á contratación dos preceptores do Risga, sumará na comarca de Ferrolterra máis de 612.000 euros, e permitirá a contratación de 47 persoas.  O obxectivo deste programa é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato laboral que será subvencionable durante 9 meses.

O terceiro dos programas de emprego refírese ao plan de cooperación co que se apoia a contratación persoas sen emprego para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social co obxectivo de proporcionarlles experiencia e práctica profesional que permita a súa inserción, este programa destínase na maior parte dos casos á contratación de socorristas.

Os contratos serán de tres meses -no caso de que sexan a tempo completo- ou de seis meses para os de tempo parcial. Na comarca de Ferrol financiaranse 54 contratos cun apoio de 168.000 euros.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.