A Xunta de Galicia realizou un novo reparto de material de protección a varios concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, centrado especialmente nas residencias e entidades sociais da comarca de Ferrolterra. Neste caso a partida inclúe 6.000 máscaras, 3.600 luvas, 234 traxes antisalpicaduras e 67 pantallas faciais. En total, enviouse aos concellos da área de Ferrolterra 9.900 unidades de protección esta semana.
Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público. Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.
Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.
Ademais, desde a Xunta realizouse tamén o noveno envío de material de protección a 17 residencias e entidades sociais dos concellos da área de Ferrolterra, concretamente a centros de Fene, Ferrol, Mañón, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño. En total, 24.384 Epis. Enviáronse as residencias e asociacións ferrolás, 13.900 luvas, 10.181 máscaras e 303 traxes antisalpicaduras.
| Concello | Luvas | Máscaras | Traxes | Pantallas | 
| Cabanas | 200 | 250 | 4 | 3 | 
| A Capela | 100 | 150 | 4 | 3 | 
| Cariño | 200 | 250 | 4 | 3 | 
| Cerdido | 100 | 150 | 4 | 3 | 
| Fene | 200 | 450 | 5 | 4 | 
| Mañón | 100 | 150 | 4 | 3 | 
| Moeche | 100 | 150 | 4 | 3 | 
| Monfero | 200 | 250 | 4 | 3 | 
| Narón | 300 | 500 | 6 | 5 | 
| Ortigueira | 200 | 350 | 4 | 3 | 
| As Pontes | 300 | 500 | 6 | 5 | 
| San Sadurniño | 200 | 250 | 4 | 3 | 
| As Somozas | 100 | 150 | 4 | 3 | 
| Valdoviño | 200 | 400 | 5 | 4 | 
| Ares | 200 | 350 | 4 | 3 | 
| Cedeira | 200 | 400 | 4 | 3 | 
| Mugardos | 200 | 350 | 4 | 3 | 
| Neda | 200 | 350 | 4 | 3 | 
| Pontedeume | 200 | 450 | 5 | 4 | 
| Vilarmaior | 100 | 150 | 4 | 3 | 
| TOTAL | 3600 | 6000 | 234 | 67 | 
											
