A Xunta entregou esta semana máis de 9.900 unidades de protección aos concellos das tres comarcas

As residencias de maiores e as entidades sociais foron os principais obxectivos desta nova campaña de entrega de material

A Xunta de Galicia realizou un novo reparto de material de protección a varios concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, centrado especialmente nas residencias e entidades sociais da comarca de Ferrolterra. Neste caso a partida inclúe 6.000  máscaras, 3.600  luvas, 234 traxes antisalpicaduras e 67 pantallas faciais. En total, enviouse aos concellos da área de Ferrolterra 9.900 unidades de protección esta semana.

Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público. Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.

Con esta medida,  Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.​

Ademais, desde a Xunta realizouse tamén o noveno envío de material de protección a 17 residencias e entidades sociais dos concellos da área de Ferrolterra, concretamente a centros de Fene, Ferrol, Mañón, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño. En total, 24.384 Epis. Enviáronse as residencias e asociacións ferrolás, 13.900  luvas, 10.181 máscaras e 303 traxes antisalpicaduras.

 

Concello Luvas Máscaras Traxes Pantallas
Cabanas 200 250 4 3
A Capela 100 150 4 3
Cariño 200 250 4 3
Cerdido 100 150 4 3
Fene 200 450 5 4
Mañón 100 150 4 3
Moeche 100 150 4 3
Monfero 200 250 4 3
Narón 300 500 6 5
Ortigueira 200 350 4 3
As Pontes 300 500 6 5
San Sadurniño 200 250 4 3
As Somozas 100 150 4 3
Valdoviño 200 400 5 4
Ares 200 350 4 3
Cedeira 200 400 4 3
Mugardos 200 350 4 3
Neda 200 350 4 3
Pontedeume 200 450 5 4
Vilarmaior 100 150 4 3
TOTAL 3600 6000 234 67
Salir de la versión móvil