A Xunta esixe a utilización dos fondos europeos para financiar o dique seco do estaleiro ferrolán

A administración insta ao Executivo e a Navantia a financiación da instalación portuaria para conseguir a transformación tecnolóxica da empresa naval
Astillero de Navantia Ferrol
Astillero de Navantia Ferrol

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, anunciou esta mañá no Parlamento galego que a Xunta solicitará ao Goberno central e a Navantia que se utilicen os fondos do plan de recuperación da Unión Europea para financiar o dique seco no estaleiro ferrolán.

Dende a administración autonómica o ven como unha oportunidade para acelerar uns investimentos imprescindibles e claves que permitirán impulsar a transformación de Navantia nun Estaleiro 4.0.

Falta de compromiso do Executivo

O vicepresidente económico lamentou que o dique seco non apareza no actual plan de investimento e que o Goberno non iniciase a tramitación da licenza para construír os talleres robotizados que aprobou a SEPI. Conde instou ao Executivo a cumprir cos seus compromisos co naval e, en concreto, con Navantia e, así, poder garantir unha carga de traballo tan necesaria, pois o estaleiro atópase nunha situación límite ante a falta de planificación.

Carga de traballo antes das F-110

Neste sentido, insistiu en que a data de inicio da construción das fragatas F-110 é incerto, deixando unha axenda de pedidos en branco -xa que a execución do prometido buque de aprovisionamento parece descartada polo Goberno- que pon en risco o naval de Ferrolterra durante os próximos dous anos.

Conde, que enxalzou o saber facer dos profesionais do estaleiro e da industria auxiliar, afirmou que a Xunta seguirá ao carón dos 3000 traballadores que dependen de Navantia e reiterou o compromiso do Goberno galego con esta empresa sinónimo de calidade e innovación.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.