A Xunta inviste máis dun millón euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de mellora de equipamentos en Ferrolterra

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou hoxe Valdoviño para comprobar o proxecto de sustitución de luminarias na AC-566
Valdosfsfsviño3

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor comprobou a utilidade da orden de axudas do Fondo de Compensación Ambiental que lle permitiu a renovación de todas as luminarias, por focos led máis eficientes, na AC-566 cunha axuda da orde de Compensación Ambiental da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo. Esta actuación, xunto con varias accións de limpeza e recuperación de espazos naturais do Concello, contaron cunha achega da Xunta de máis de 33.000 euros.

Durante a visita o delegado da Xunta na Coruña informou que a través das ordes do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas  repartiuse máis dun millón de euros en 18 proxectos na comarca de Ferrol nos concellos de Ares, A Capela, Cariño, Cedeira, Ferrol, Cabanas, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño, Mañón, Monfero, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño..

Trenor destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.

O delegado da Xunta puntualizou que “estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial, polo que son de gran utilidade para os concellos”.

 

FONDO COMPENSACIÓN AMBIENTAL

CONCELLO OUTROS CONCELLOS PROXECTO IMPORTE CONCEDIDO
Ares Mellora da eficiencia enerxética e da rede de saneamento da rúa Herma 30.306,67
Capela, A Obras de reparación na edar das Neves 13.592,26
Cariño Funcionamento dos servizos adicados ao medio ambiente e o espazo natural 54.369,04
Cedeira Actuación de mellora de eficiencia enerxética e de protección do ambiente e do espazo natural 88.496,20
Ferrol Vixilancia ambiental no concello de Ferrol 9.253,53
Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño Servizo mancomunado de xestión de residuos voluminosos 30.000,00
Mañón Actuacións de protección do ambiente e do espazo natural 91.049,65
Monfero Proxecto de realización de investimentos e actuacións de protección medio ambientais no concello de Monfero 2020 32.891,50
Ortigueira Actuacións adecuadas aos criterios do fondo de compensación ambiental. Anualidade 2020 164.273,37
Pontes, As Vehículo eléctrico, substitución do sistema de bombeo para mellora de eficiencia enerxética e rendemento do sistema de abastecemento 244.726,01
San Sadurniño Rede de abastecemento de auga no Camiño Arriba 34.127,16
Somozas, As Actuacións fondo de compensación ambiental 2020 111.214,75
Valdoviño Conservación, mantemento e restauración do ambiente e reequilibrio territorial-anualidade 2020 23.477,54
Valdoviño Protección, conservación e potenciación do medio ambiente e dos seus espazos naturais-anualidade 2020 10.000,00
TOTAL 937.777,68

 

ORDE DE INFRAESTRUTURAS

ENTIDADE
SOLICITANTE
PROXECTO SUBVENCIÓN
Mañón Dotación de equipamento para centro formativo de desempregados 9.365,36
Mugardos Dotación de equipamento dos vestiarios e sala anexa do pavillón deportivo do Cristo 27.973,57
Pontes de García Rodríguez, As Rehabilitación de cuberta e fachada en ximnasio de CEIP A Magdalena 33.400,14
Vilarmaior Aglomerado de vial Coruxo 32.045,90
TOTAL 102.784,97

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.