A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos galegos. No caso concreto dos concellos da área e da cidade de Ferrol a partida inclúe 5.300 máscaras, 7.100 luvas, 246 traxes antisalpicaduras e 102 pantallas faciais. En total, enviouse aos concellos da área de Santiago 12.148 unidades de protección esta semana.
Ata o de agora, o Goberno galego leva entregados aos municipios da comarca de Ferrolterra incluída a cidade en conxunto, 116.921 unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria para os servizos municipais que presta. En total foron 58.432 máscaras, 56.500 luvas, 1.887 traxes e 102 pantallas faciais, enviados en dez entregas desde o inicio da crise do coronavirus.
Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público. Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.
CONCELLO | LUVAS | MÁSCARAS | TRAXES |
Ares | 3690 | 2372 | 45 |
Cabanas | 1400 | 1640 | 109 |
A Capela | 700 | 733 | 69 |
Cedeira | 2590 | 2573 | 78 |
Cerdido | 700 | 716 | 69 |
Fene | 2090 | 3440 | 146 |
Ferrol | 20000 | 16410 | 235 |
Mañón | 700 | 751 | 69 |
Moeche | 700 | 731 | 69 |
Monfero | 1300 | 1390 | 97 |
Mugardos | 2290 | 2173 | 44 |
Narón | 3890 | 7815 | 107 |
Neda | 2390 | 2215 | 73 |
Ortigueira | 1890 | 2057 | 88 |
Pontedeume | 2590 | 2934 | 83 |
As Pontes | 2790 | 3218 | 106 |
San Sadurniño | 1400 | 1567 | 109 |
As Somozas | 700 | 713 | 69 |
Valdoviño | 1890 | 2338 | 91 |
Cariño | 1400 | 1732 | 109 |
TOTAL | 56.500 | 58.432 | 1.888 |