Aberto ata o venres o prazo extraordinario de matrícula nas Escolas Culturais Municipais de Narón

As matrículas neste período extraordinario poderán formalizarse en horario de 09.00 a 14.00 e pola tarde entre as 17.00 e as 19.00 horas nas oficinas do Pazo da Cultura
panoramio-49914529

O Padroado da Cultura de Narón mantén aberto ata este venres, día 6, o prazo extraordinario de matrícula nas Escolas Culturais Municipais. As persoas interesadas en anotarse nalgunha das Escolas poden facelo, no caso de que existan vacantes, ata esa data. Para solicitar información sobre as prazas dispoñibles e horarios pódese chamar ao número de teléfono 981 391 144, dirixirse ás oficinas do Pazo da Cultura ou escribir á dirección de correo electrónico: [email protected].

Os grupos de cada unha das clases son reducidos, axustándose así á normativa en vigor sobre prevención da Covid-19 e todas as persoas que acudan deberán cumprir todas as medidas sanitarias, como uso de máscara, hixienización de mans, mantemento da distancia de seguridade interpersoal…

As matrículas neste período extraordinario poderán formalizarse en horario de 9.00 a 14.00 e pola tarde entre as 17.00 e as 19.00 horas, tal e como se recordou dende o Padroado da Cultura.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.