Aberto o prazo para presentar solicitudes nesta segunda convocatoria do PAME de Ferrol

Este plan busca aportarlle liquidez ás empresas locais para que manteñan e potencien os seus comercios, cunha partida neste segundo paquete de máis de 290.000 euros
La hostelería abrirá hasta las 21.00 horas salvo en los concellos en nivel de máximas restricciones
La hostelería abrirá hasta las 21.00 horas salvo en los concellos en nivel de máximas restricciones

O Boletín Oficial da Provincia -BOP- publicou esta fin de semana o extracto da segunda convocatoria das axudas PAME Ferrol, o Plan de Mellora para a Empregabilidade deseñado pola concellería de Emprego e Promoción Económica, co fin de impulsar a actividade económica da cidade tras a situación xerada pola covid-19.

Trátase dun novo paquete de medidas que busca outorgar «liquidez ás empresas de Ferrol para contribuír a manter a actividade e o emprego na nosa cidade, amortizar a redución drástica de ingresos nos últimos meses e facilitar o cumprimento das súas obrigacións empresariais», detallaba a concelleira encargada da área, María Teresa Deus.

Máis de 290.000 euros neste segundo paquete de axudas

Recentemente o Concello de Ferrol ingresou as axudas da primeira convocatoria, por ao redor de 1,7 millóns de euros entre 1.155 beneficiarios. Co remanente ata chegar aos 2 millóns -o orzamento destinado polo goberno local para o PAME- o Concello publica agora unha segunda convocatoria, cuxo orzamente ascende a 297.610 euros.

Desta quedan excluídas todas as persoas que resultaron beneficiarias na anterior edición. O prazo para presentar a documentación para esta segunda convocatoria remata ás 23.59 horas do próximo 9 de outubro, e deben entregarse unicamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica do Concello de Ferrol (https://www.ferrol.gal/Sede) dirixidas ao Negociado de Promoción Económica e Emprego. Toda a información sobre este segundo paquete de axudas pode consultarse na páxina municipal https://www.ferrol.gal/AxudasPAME/Indice.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.