Aberto o prazo para presentar solicitudes nesta segunda convocatoria do PAME de Ferrol

Este plan busca aportarlle liquidez ás empresas locais para que manteñan e potencien os seus comercios, cunha partida neste segundo paquete de máis de 290.000 euros

La hostelería abrirá hasta las 21.00 horas salvo en los concellos en nivel de máximas restricciones

O Boletín Oficial da Provincia -BOP- publicou esta fin de semana o extracto da segunda convocatoria das axudas PAME Ferrol, o Plan de Mellora para a Empregabilidade deseñado pola concellería de Emprego e Promoción Económica, co fin de impulsar a actividade económica da cidade tras a situación xerada pola covid-19.

Trátase dun novo paquete de medidas que busca outorgar “liquidez ás empresas de Ferrol para contribuír a manter a actividade e o emprego na nosa cidade, amortizar a redución drástica de ingresos nos últimos meses e facilitar o cumprimento das súas obrigacións empresariais”, detallaba a concelleira encargada da área, María Teresa Deus.

Máis de 290.000 euros neste segundo paquete de axudas

Recentemente o Concello de Ferrol ingresou as axudas da primeira convocatoria, por ao redor de 1,7 millóns de euros entre 1.155 beneficiarios. Co remanente ata chegar aos 2 millóns -o orzamento destinado polo goberno local para o PAME- o Concello publica agora unha segunda convocatoria, cuxo orzamente ascende a 297.610 euros.

Publicidad

Desta quedan excluídas todas as persoas que resultaron beneficiarias na anterior edición. O prazo para presentar a documentación para esta segunda convocatoria remata ás 23.59 horas do próximo 9 de outubro, e deben entregarse unicamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica do Concello de Ferrol (https://www.ferrol.gal/Sede) dirixidas ao Negociado de Promoción Económica e Emprego. Toda a información sobre este segundo paquete de axudas pode consultarse na páxina municipal https://www.ferrol.gal/AxudasPAME/Indice.

Publicidad
Salir de la versión móvil