Ábrese o prazo de inscrición para o programa «Concilia Tempos Mañás» de Valdoviño

Os padres que o necesiten poderán deixar aos seus fillos dende ás 07.30 horas, tendo estes á súa disposición almorzos e actividades antes do comezo das clases
MADRUGADORES2

O Concello de Valdoviño abre hoxe o prazo de inscrición no programa municipal «Concilia Tempos Mañás» polo que, as familias interesadas no servizo, poden descargar da web municipal o impreso de matrícula que deberá presentarse no rexistro municipal sito na planta baixa da casa consistorial ou a través da sede electrónica. O prazo conclúe o 20 de setembro.

Este servizo comezaba a prestarse o pasado curso e ofértase no CPI Atios e escolas unitarias de Taraza e Vilarrube. Para a súa posta en marcha debe reunirse un número mínimo de mozos e, como principal novidade, amplíanse os seus horarios xa que comezará ás 07.30 horas e prolongarase ata o inicio das clases. A través do mesmo, ofreceranse almorzos saudables e variados así como outras actividades como contos, conversas e música.

As prazas son limitadas e no caso de existir máis demanda procederase a baremar, tendo preferencia as familias con padrón no Concello e nas que os membros adultos estean a traballar, as numerosas e as monoparentais. O prezo é de 30 euros ao mes e 20 euros por medio mes.

Ademais, existirá un protocolo específico da Covid-19 que se cumprirá por parte das persoas acompañantes, de xeito que sexa un espazo seguro e igualmente agradable. Manterase a distancia de seguridade e o uso de utensilios personalizados e non compartidos, do mesmo xeito que se manterán unhas entradas seguras e unha incorporación programada ao resto do grupo aula. Por último, sinalar que se manterá unha reunión informativa coas familias antes do inicio do servizo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.