Ábrese o prazo de preinscrición na Escola Municipal de Música de Valdoviño

A preinscrición prolongarase ata o 7 de outubro, o cal conta cunha oferta moi variada con clases de piano, guitarra, batería ou canto contemporáneo
musica-piano-kZUD-U601589068535fJI-624x385@RC

O Concello de Valdoviño abre hoxe mércores 30 de setembro o prazo de preinscrición na Escola Municipal de Música. Así, a preinscrición prolongarase ata o 7 de outubro, coa vista posta en iniciar as clases o 19 do mesmo mes, e as actividades desenvolveranse no local social de Sequeiro, con prazas limitadas e con preferencia para a veciñanza de Valdoviño.

Ofertas deste novo curso

Neste curso, para alumnos/as de 6 anos en adiante ofertaranse clases de piano -mércores e venres-, guitarra -luns, xoves e venres-, batería -martes e mércores- e canto contemporáneo -luns). Así mesmo, para aqueles de entre 3 e 5 anos, o Concello programará música e movemento -os venres-.

As persoas interesadas poden descargarse a ficha da web municipal (https://www.concellodevaldovino.com/o-concello-abre-hoxe-oprazo-de-preinscricion-na-escola-municipal-de musica/) e enviala ao correo [email protected].

Excepcionalmente, en caso de que algunha persoa teña dificultade para descargar e/ou cumprimentar a preinscrición, poderá chamar ao teléfono da Concellería de Cultura (981 48 76 66) de luns a venres de 11.00 a 14.00 horas.

Custo e formas de pagamento

Este ano os sistemas de pagamento serán ben a través da domiciliación bancaria ou ben a través de transferencia á conta que se indique. En todo caso, informarase ao alumnado unha vez sexa admitido de como levar a cabo o proceso de ingreso mensual. Por último, sinalar que o custo da actividade é de 10 euros mensuais, en clases dunha hora unha vez por semana.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.