Adxudicadas por 5,3 millóns de euros as obras da estrada que une a autovía Ferrol-Vilalba e Ortigueira

Nesta primeira fase actuarase en preto de 20 quilómetros de estrada, rectificando curvas e ampliando a calzada

A Consellería de Infraestruturas e Movilidad acaba de adxudicar por 5,3 millóns de euros as obras de construción de mellora da capacidade e seguridade viaria da estrada AC-862, que une a autovía Ferrol-Vilalba e Ortigueira. Os traballos, adxudicados á unión temporal de empresas F F. Gómez-Vázquez y Reino- José No Mantiñan, contan cun prazo de execución de 18 meses e prevén o seu comezo na segunda quincena de novembro.

As actuacións incluídas neste contrato correspóndense coa primeira fase de acondicionamento do treito comprendido entre a AG-64 e Ponche Mera, ao seu paso polos concellos de San Sadurniño, Moeche e Cerdido.
En total, nesta primeira fase actuarase en preto de 20 quilómetros de estrada, rectificando curvas e ampliando a calzada. Habilitarase un novo terceiro carril de adiantamento ao longo de 3,8 km, ademais de mellorar o carril adicional actual existente en sentido Ferrol.

A actuación iníciase unha vez superado o núcleo de San Sadurniño e tras deixar atrás a ligazón coa AG-64. As principais actuacións proxectadas son a corrección de trazados nos treitos curvos, mellora e redeseño das interseccións existentes e o encaixe e dimensionamento de carrís lentos, naqueles treitos onde é viable. Tamén se prevé a revisión e acondicionamento da sinalización vertical e horizontal e a análise dos xiros á esquerda e da seguridade viaria. Algúns dos traballos que se van a levar a cabo en diferentes puntos da vía son a exección dun carril adicional sobre a calzada, se rectificará o trazado e se engadirá un carril de adiantamento.

 

Salir de la versión móvil