Ante a medida aprobada o venres 27 de marzo polo Goberno de España na que se restrinxen temporalmente os despedimentos por causas de forza maior, económicas, técnicas, organizativas ou de produción a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra, quixo trasladar a súa “estupefacción” por esta medida que, según explican, “é un ataque directo aos autónomos”.
A entidade empresarial considera que “esta medida obedece a razóns ideolóxicas e non económicas. Deixa aos autónomos nunha situación de indefensión total; aqueles que visen baixadas as súas vendas considerablemente pero sen chegar á dramática cifra do 75% nin poderán acollerse aos supostos ERTE flexibilizados nin recortar nos seus custos laborais para preservar o emprego do resto do persoal”
“Vemos con sorpresa como desde outras institucións como a Xunta de Galicia ou as corporacións municipais, e ante a inacción e falta de liderado do goberno central, tomáronse medidas que si afectan a solucións reais, mentres que as que nos ofrece o Goberno limítanse a permitirnos endebedarnos pagando intereses”, critican os xóvenes empresarios ferroláns.
Por todo iso exhortan ao goberno central a que tome “medidas concretas e reais”, que lles permitan afrontar a crise económica que sobrevirá á sanitaria, tales como “a supresión da cota de autónomos para todos os que sufrisen baixadas de actividade ou o aprazamento das declaracións tributarias”.