As autoridades sanitarias confirman como «falso positivo» o posible contaxio nun remolcador do Porto de Ferrol

Os 64 tripulantes foron sometidos a probas PCR antes de retornar aos seus lugares de orixe tras máis de un mes atracados en Ferrol
Manuel R.C.
Manuel R.C.

As autoridades sanitarias confirmaron que o posible caso dun contaxio de coronavirus nun dos remolcadores atracados no porto de Curuxeiras foi finalmente un falso positivo. A pesar disto, o Sergas realizará mañá un novo PCR ao tripulante que deu positivo nun dos test realizados a tódolos tripulantes antes de emprender a súa viaxe de volta a Nixería, polo que os seus barcos da naviera Topaz estarán confinados ata que se obteña o novo resultado. Será entón cando os 64 tripulantes poidan abandoar finalmente Ferrol o próxima 20 de xullo de cara aos seus países de orixe.

A noticia causou certa inquietude entre os empregados da Autoridade Portuaria, xa que os tripulantes dos remolcadores facían vida diaria nas instalacións e nas zonas comúns do Porto. A entidade remitiu onte un comunicado interno pedindo que se extremaran as precaucións ante este posible positivo.

En total, son seis remolcadores da naviera Topaz que se atopan atracados en Ferrol en situación de «laid up», é dicir, temporalmente fora de servizo, debido á caída da actividade petrolera nas súas zonas de traballo. A empresa chegou o pasado mes de maio a un acordo coa Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para que fixeran uso das instalacións do porto interior durante un periodo de tempo indefinido.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.