Alerta naranxa da noite do venres ao sábado con ventos de máis de 100 km á hora

Algunhas das actividades ao aire libre vanse suspender, como a queima da sardiña de Ultramar, e outras se trasladarán a algún recinto cuberto
1576928982893

A Aemet -Axencia Estatal de Meteoroloxía- acaba de emitir un aviso de alerta laranxa por vento que se iniciará esta noite ás 21.00 horas e finalizará ás 09.30 horas de mañá sábado. Tódolos concellos da comarca anunciaron que suspenden as actividades previstas para mañá no exterior ou que se trasladarán na medida do posible a outro punto que estea a cuberto.

Con esta alerta laranxa, con refachos que nalgunhas zonas poderán alcanzar os 100 quilómetros por hora, recoméndase á cidadanía evitar as actividades no exterior –parques, xardíns…-, e na medida do posible tamén os desprazamentos e o uso de vehículos lixeiros, como bicicletas e ciclomotores. A maiores, é preciso afastarse de zonas con árbores, paneis publicitarios ou outros obxectos susceptibles de desprazarse co vento e retirar das fiestras, balcóns e tellados obxectos que poidan caer á rúa.

En Ferrol, vaise suspender o a queima da sardiña prevista para as 21.30 -dentro do tradicional Enterro da Sardiña- programado para este noite no barrio de Ultramar. As 19.00 horas actuarán as comparsas e o desfile co ataúde será as 20.00 horas para concluir antes das nove da noite con tódolos actos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.