Ana Jesús López Díaz, a candidata escollida polo Concello de Ferrol para optar á medalla Emilia Pardo Bazán

As medallas Emilia Pardo Bazán creáronse para recoñecer o traballo dos colectivos e persoas que desenvolven unha actividade en favor da igualdade de xénero
79368751_1169579843238674_4333287685704646656_o

O Consello Sectorial Municipal de Igualdade e Muller do Concello de Ferrol decidiu na súa reunión de onte pola tarde propoñer a Ana Jesús López Díaz para a medalla Emilia Pardo Bazán deste ano. Nunha reunión presidida pola concelleira Cristina Prados, o organismo elixiu por maioría, entre as catro candidaturas presentadas, a López Díaz pola súa destacada traxectoria tanto profesional como no eido da igualdade.

No seu extenso currículo destacan, entre outros méritos, que foi directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña e que foi unha das fundadoras da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia, na que ocupou diversos postos de responsabilidade. Tamén elaborou o primeiro plan de igualdade da UDC e conta cunha grande experiencia na avaliación do impacto da violencia de xénero.

Entre outros aspectos relevantes, o Consello tamén sinalou o seu labor para conectar a vida universitaria co tecido asociativo ferrolán. Ana Jesús López é natural do municipio lucense a Pobra do Brollón e reside en Ferrol dende hai aproximadamente 30 anos.

O Goberno galego creou as medallas Emilia Pardo Bazán para recoñecer o traballo dos colectivos e das persoas que desenvolven unha actividade en favor da igualdade entre homes e mulleres. Este será o segundo ano que se entregan.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.