Ana Pontón achégase a Ferrol para reclamar máis apoio ao sector naval e unha rehabilitación do casco vello

A candidata do BNG tamén tivo palabras para os rebrotes vividos na Mariña de Lugo e para a crise industrial que ameaza As Pontes
EcKlZpFWsAA6_Kh

A candidata do BNG, Ana Pontón, achegouse onte 5 de xullo á Plaza Vella de Ferrol para procurar un maior apoio electoral de cara as vindeiras eleccións do 12 de xullo, mostrando o seu partido como a chave para poder levar a cabo un cambio próspero en Galicia, sobre todo a nivel económico e demográfico: «Feixóo nos deixa un páis esnaquizado no económico e no social, cunha desertización industrial que avanza imparable e cun problema demográfico sen precedentes».

No tocante a Ferrol, Pontón recalcou a relevancia do sector naval na comarca, o cal necesita un gran apoio autonómico para a súa evolución favorable, e esixindo unha transición enerxética xusta e unha debida carga de traballo para evitar unha crise industrial.

Por outro lado tamén tivo palabras para a conservación do patrimonio local enfocándose na recuperación do casco vello, un problema que a moitos veciños trae de cabeza. Finalmente, aproveitando a actual crise que está a a vivir o Hospital Juan Cardona quixo amosar a súa preocupación no relativo á sanidade, asegurando que «é impresentable que tras once anos de Goberno do PP, esta comarca siga cun hospital que non tivo ningún investimento e con varias paralizacións de proxectos de modernización».

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.