Os datos deste xoves 27 de agosto volven a ser preocupantes na contorna de Ferrolterra nesta segunda onda que estase a vivir. As últimas cifras amosan un total de 15 novos contaxios na área sanitaria de Ferrol, o que achega a cifra de positivos a un total de 119. Porén, a boa noticia rexistrada son os 11 pacientes recuperados tras volver a facer as probas pertinentes e que os resultados arroxados deran un resultados negativo.
Ademais, a pesar de que o pasado martes coñecíase ao primeiro paciente ingresado pola Covid-19, non tardou nin 24 horas en abandoar o hospital. Hoxe ese dato non varía, polo que a área sanitaria de Ferrol é a única de Galicia que mantén os seus centros hospitalarios baleiros de coronavirus.
Ata o de agora o número de probas PCR realizadas polo complexo hospitalario de Ferrol é de aproximadamente 24.736 tras a realización dun total de 246 nas últimas 24 horas. Cabe destacar que nos últimos sete días tan só un 3,8% das persoas sometidas ás probas arroxaron un resultado positivo, sendo esta a segunda porcentaxe máis baixa de Galicia por detrás de Vigo.
A maiores tamén se está a facer un rastreo exhaustivo de todos aqueles veciñas e veciñas que tiveron contacto cos novos contaxiados para evitar a propagación continuada do virus e proseguir con esta curva descendente, así como a realización de probas serolóxicas á docencia antes da volta ás aulas no Hospital Novoa Santos.