Catro rutas para afondar no patrimonio mariñeiro de Ares

Divididas en dous itinerarios, un urbano e outro litoral, organizaranse cada sábado ata o 6 de agosto, con 20 prazas por xornada

Paseo de Ares

Esta fin de semana, Ares activará o primeiro dos catro percorridos que permitirán coñecer os recursos patrimoniais relacionados co mar e os seus oficios presentes e pasados, parte fundamental da identidade do pobo aresán. Estas catro rutas desenvolven a memoria da vila e constitúense coma unha boa oportunidade para explorar a historia e a riqueza paisaxística características da localidade descoñecida para moitos dos visitantes e para os propios habitantes de Ares.

Así, o Concello promoverá as rutas cada sábado, comezando a xornada do 16 de xullo, proseguindo o 23 e 30 deste mes e finalizando xa o 6 de agosto. Con todo, deseñáronse dous itinerarios distintos que se intercalan e complementan ao longo destes días. O primeiro itinerario arrancará no Club de Remo de Ares (10:00 horas) para introducirse na senda litoral que acompañará ós participantes ao longo da costa, apreciando unha paisaxe marcada polos farallóns, as illas e os pequenos areais de considerable valor natural.

O itinerario chegará ata o Castro de Santa Mariña e a Cova dos Mouros, espazos que forman parte do patrimonio cultural de Ares, para logo regresar ó núcleo urbano; en total, será unha distancia aproximada de 9 quilómetros e unha duración de entre tres y cuatro horas.

Este segundo itinerario será eminentemente urbano e de baixa dificultade. A través del, realizarase un percorrido camiñando polo núcleo da vila de Ares, mais tamén a través da súa historia e as transformacións culturais, arquitectónicas e sociais que viviu coma localidade mariñeira. O punto de encontro será no Club de Remo (10:00 horas), subindo ao miradoiro do Petelo para observar a fisionomía e organización da vila, e actuando coma introdución histórica e xeográfica do que define a Ares. Empregando o eixo condutor da industria da salazón e os oficios da pesca, este itinerario transitará por diferentes puntos xa sinalizados de interese patrimonial.

A distancia deste percorrido é de aproximadamente 3 o 4 quilómetros e unha duración cercana ás 2 horas. Unha oportunidade moi asumible para entender todo o que oculta a configuración urbanística da vila. As catro rutas terán habilitadas 20 prazas cada unha para o seu desfrute, que se cubrirán por orde de inscrición na Oficina de Turismo de Ares, ben telefonicamente no 981 468 259, ben presentándose na OIT de luns a venres (10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas) ou sábados e domingos (de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00). As rutas serán gratuítas para os asistentes.

Todos os percorridos serán realizados a través de Singular Traveler con guías titulados para a actividade e seguros de accidentes e Responsabilidade Civil (RC) incluídos. Este programa de rutas que se lanza na actualidade enmárcase no proxecto de cooperación entre os Concellos de Ares e Valdoviño, baixo o nome  “Valorización da actividade mariñeira a través dos espazos litorais e das prácticas deportivas acuáticas nos municipios de Ares e Valdoviño: Ares e Valdoviño no mar”.

 

Salir de la versión móvil