Gardacostas se incauta de 57 útiles, 25 nasas e sete quilos de marisco na comarca

Os traballadores ilegais foron interceptados en augas de Ares e de Ferrol

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia realizaron varios controis na ría de Ares que tiveron como resultado a incautación de 57 útiles e sete quilos de diferentes especies de marisco. Na ría de Ferrol os axentes incautaron 25 nasas.

A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de produtos do mar extraídos e comercializados de xeito irregular pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso, pide aos consumidores que non merquen produto fóra das canles legais de comercialización.

Salir de la versión móvil