Música, videocreación e narración oral durante o ‘Lume no Castelo’

O Lume no Casteliño, a xornada infantil, terá lugar este venres en Redes
Archivo - Lume no Castelo 2021
Archivo - Lume no Castelo 2021

A Agrupación Instrutiva de Caamouco lanza unha nova edición do Lume no Castelo e da súa versión infantil, o Lume no Casteliño. A iniciativa, impulsada dende hai anos na Punta do Castelo de Redes, volve apostar por unha dobre xornada, pensando nun público amplo. A primeira parte, o Lume no Casteliño, terá lugar o venres 16 de setembro, da man de Vero Rilo e Sonsoles Penadique. Ambas ofrecerán un espectáculo no que se fusionan a narración oral coa música, pensando nun público familiar. A cita arrancará ás 20:45 horas, con saída dende a praza do Pedregal de Redes.

Ao día seguinte, o sábado 17 a partir das 20:00 horas, terá lugar o Lume no Castelo. Neste caso, Trilitrate será o protagonista. Trátase dun proxecto audiovisual que integra a diversidade sonora dun trío acústico unido á videocreación en tempo real dunha artista multimedia. ‘Esta dobre cita cultural é unha boa mostra do traballo que dende hai anos impulsamos na Agrupación: propostas para todos os públicos nas que as iniciativas infantís teñen sempre un peso destacado’, indican dende a organización.

‘Non hai mellor xeito de poñer o punto e final á programación do verán na Agrupación Instrutiva que prendendo os fachos no Castelo, acendendo o lume co que recibimos o outono e o programa de actividades que estamos a piques de estrear para a tempada 2022-2023’, engaden. O Lume no Castelo está organizado pola Agrupación Instrutiva de Caamouco. Conta coa colaboración do Club Marítimo de Redes, o Concello de Ares e Campo Capela.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.