Arranca o curso «especial» na Escola Infantil Municipal de Neda

Esta nova volta ás aulas estará marcada, como en todos os centros educativos, por numerosas medidas de seguridade e hixiene motivadas pola Covid-19
ESCOLAINFANTIL1

Nove nenas e nenos iniciaron esta mañá o novo curso na Escola Infantil Municipal Os Pelegríns de Neda. As medidas de prevención fronte á Covid-19 marcaron esta primeira xornada, xa que os máis pequenos e pequenas terán que acostumarse a novos hábitos.

Medidas Anti-Covid

Entre outras está a toma de temperatura nada máis acceder á entrada e a retirada de calzado por outro que permanecerá sempre no centro. Tamén, despedirse antes das familias, xa que estas non poden agora acceder ás instalacións.

Habilitouse un espazo para esa despedida entre pais e crianzas na entrada, que se fará de xeito escalonado. Na fase de adaptación, a partir das 9.00 horas e, unha vez superada esta, que depende do ritmo que marquen nenas e nenos, a partir das 8.00 horas.

No interior haberán dispensadores de hidroxel para os menores, xa que a desinfección de mans será constante, ao igual que a limpeza dos diferentes elementos de xogo. Ademais, prestarase especial atención á ventilación dos espazos, rotando as actividades entre un e outro.

A diario, procederase á desinfección do parque exterior e do camiño de entrada, e ademais aproveitarase ao máximo esa zona exterior axardinada coa que conta o inmoble para desenvolver as actividades do día a día. Un servizo de conciliación que este ano experimentou unha caída na matriculación respecto a anos precedentes, cando a media se situaba nos 20 alumnos e alumnas, e que se explica pola nova normalidade imposta pola Covid-19.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.