A área sanitaria de Ferrol continúa a doblar a curva de contaxios de Covid e segue a ter as mellores taxas de positividade (tan só un 1,3% de 35.300 PCR) e casos por 100.000 habitantes (16) de Galicia. Nas últimas 24 horas houbo 6 novos casos e 5 altas, o que deixa un total de 121 contaxios activos a día de hoxe. Pero a tendencia dos últimos 14 días é que o número de altas epidemiolóxicas -142- case dobla ao de novos casos -78-, polo que a curva de contaxio xa está comezando a descender
Según os datos do Sergas, a meirande parte dos actuais contaxiados permenecen nas súas casas, en illamento domicilio, un total de 111. E só 5 atópanse ingresados no Arquitecto Marcide, cun ingresado na UCI con pronóstico grave. A lectura negativas das últimas 24 horas e que produciuse o primeiro falecemento relacionado con Covid desde o mes de maio. Foi unha muller de 84 anos que permanecía ingresada e tiña patoloxías previas. Con elas, o número de vítimas desde o inicio da pandemia ascende a 34.
Os datos aportados pola Dirección xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informan que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.101, deles 820 son da área da Coruña, 495 da de Lugo, 1.037 da de Ourense, 685 da de Pontevedra, 419 da área de Vigo e 528 da de Santiago.