As axudas para o material e os comedores escolares de Narón abriranse a partir do vindeiro luns 27 de xullo

As familias que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria poderán solicitalas mediante o Rexistro Xeral do Concello ou na súa Sede Electrónica

A administración local de Narón manterá aberto dende o vindeiro luns, día 27, ata o 14 de agosto -ambos incluídos- o prazo para solicitar axudas municipais para adquisición de material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos ou concertados e as de comedor para centros concertados no curso académico 2020-2021.

Dende a Consellería de Ensino indicaron que as solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello -de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas-, na Sede Electrónica ou por calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As axudas para obter material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos e concertados de Narón serán para matriculados no segundo ciclo de Educación Infantil, educación Primaria e Secundaria, Bacharelato, FP de Ciclos medios, Educación Secundaria de Adultos e Centros de Educación Especial. Estas axudas diríxense a familias empadroadas en Narón e cuxa capacidade económica non supere os umbrais económicos establecidos na convocatoria e demais requisitos da mesma, que se poden consultar na páxina web do Concello.

Para solicitar as axudas  para o material escolar pódese facer a través deste ligazón: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Material-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf , mentres que para as dos comedores escolares é no seguinte: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Comedor-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf .

Así mesmo, en canto ás axudas de comedor escolar, destínanse a familias de alumnado escolarizado en centros docentes concertados de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria con dificultades socioeconómicas e de conciliación da vida familiar e laboral.  As persoas interesadas en solicitar máis información sobre as persoas beneficiarias destas axudas, a documentación a presentar ou o impreso de solicitude poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal situado no primeiro andar do Concello.

Salir de la versión móvil