As baterías militares de Ferrol: un pasado non moi lexano cun futuro impredicible

A Consellería de Patrimonio Histórico reabre o debate cunha nova proposta que pretende recuperar estas estruturas bélicas históricas

Baterias De Costa del Golfo Artabro

Ata fai pouco a idea de viaxar e de converterse nun turista máis aínda que fose por uns poucos días era algo impensable, pero o mundo cambia moi rápido e por sorte as nosas posibilidades tamén. E dentro destas mencionadas posibilidades, hai unha coa que non precisamos ir moi lonxe.

Trátase do turismo militar, unha actividade que sempre estivo ahí pero que nos últimos anos potenciouse todavía máis. Numerosos son os países que aproveitan os seus vestixios bélicos para beneficiarse económicamente, pero sobre todo para deixar entrever a historia máis recente e, que con algo de sorte, nunca voltará.

Ferrol, unha historia durmida entre lixo e entullos

A cidade naval sempre presumiu das súas costas e da contorna mariña que a rodea, e non é para menos. A nosa posición xeográfica é un privilexio, e no tocante a estratexia militar non se queda atrás. A pesar de que a historia de Ferrol non conta con épicos enfrontamentos bélicos -sen esquecerse da Batalla de Brión- a pegada que deixou tras de sí é imborrable.

Algúns deses anacos de historia bélica os podemos atopar nas baterías que vixiaban as nosas costas dende o admirado Castelo de San Felipe ata o Cabo Prior. Porén, a falta de coidados e o exceso de lixo e entullos que nelas habita pode provocar que, en vez de amosarnos o noso pasado, pasen a formar parte del.

Isto último é o que queren evitar dende o Concello de Ferrol cunha das propostas -quizais a máis ambiciosa- da recentemente creada Consellería de Patrimonio Histórico, apoiados polo proxecto europeo MMIAH e por outras administracións pendentes de incorporarse.

O proxecto de recuperación patrimonial

Polo que de momento se coñece, a intención é restaurar un total de dez estructuras despregadas desde o Castelo de San Felipe ata o Cabo Prior: por un lado entran no plan 8 baterías (as de Doniños, Prioriño grande e chico, Viñas, Cariño, San Cristovo, San Carlos e unha última do Castelo de San Felipe) e 2 vixías (as de Prior e Monteventoso).

Tal e como adiantaron dende a propia Consellería, o orzamento dispoñible co proxecto MMIAH alcanza un total de 190.000 euros, dos cales 130.000 invertiranse na recomposición da batería baixa do Castelo de San Felipe e outros 60.000 nunha recreación virtual en 3D, centrada na historia deste armazón militar. A maiores se reconstruirá outra batería na planta alta do mencionado castelo utilizando o 1,5% do presuposto que impón a Lei de Patrimonio Histórico.

Tamén nas pretensións municipais atópase a creación dunha ruta de baterías militares pola que poder discorrer, así como a posta en marcha inicial -a longo prazo- da recuperación da batería de Cabo Prior, aínda que tería un gasto moi elevado polo que dende o Concello esperan a participación da Deputación da Coruña e algunha outra administración interesada.

Unha gran oportunidade turística

Aínda que na actualidade moitas das estruturas militares atópanse en mal estado, se a predisposición inicial da administración local é frutífera poderíase atraer unha gran cantidade de turistas ás nosas costas. Dende a asociación Baterías de Costa del Golfo Ártabro dubidan das actuacións municipais, xa que advirten que o proceso de reconstrución de baterías e vixías é complexo, ademais de que o máis importante é o mantemento destas zonas de interés.

Dende a asociación lembran actuacións de algúns municipios cercanos como é o caso de Ares e Mugardos onde adecentaron varias das súas baterías. De feito, subliñaron o tratamento que tivo o Parque do Monte de San Pedro de A Coruña, onde aínda conservan dúas Vickers 38,1 e que provocan o traslado masivo de turistas de diferentes nacionalidades.

“A reformación destas instalacións militares non só son necesarias para o mantemento do noso patrimonio, tamén supoñen un grave perigo para as persoas que as visitan. Pero o máis importante é non esquecer a historia que hai detrás, porque a xente pensa que é algo que só pertence ao ámbito militar, pero forma parte da cultura de todos”, aseguran dende a asociación, onde remarcaron o interés turístico que podería aportar á cidade grandes beneficios económicos.

Salir de la versión móvil