O pasado sábado 15 de agosto ás 19.30 horas os bombeiros do Speis de Narón foron requeridos polo 112 na AG-64, debido á salida da vía dun vehículo lixeiro no quilómetro 3 en dirección cara a Ferrol. Á chegada do Speis observouse e confirmouse a saída de vía do coche, e debidos as condicións meteorolóxicas adversas da fin de semana crese que o accidente ven motivado polas intensas choivas que se estaban a rexistrar na zona.
Unha vez no punto do desvío realizouse unha valoración inicial da situación, observando aos ocupantes dun vehículo lixeiro marca Peugeot. Un deles estaba no exterior do vehículo e outro, o condutor, un varón de mediana idade, estaba atrapado no interior. Unha vez no lugar dos feitos os bombeiros procederon á estabilización do vehículo, ao control de enerxías e valoración do punto de extracción.
Analizada esta información os profesionais do Speis rescataron á persoa do interior do vehículo nas mellores condicións de seguridade para que no exterior fose valorado polos servizos sanitarios presentes na zona -dúas ambulancias asistenciais do 061-.
A persoa rescatada presentaba distintas contusións e feridas que derivaron nun traslado hospitalario, sendo tamén trasladado o acompañante para unha valoración máis completa. O Speis rematou o servizo sobre as 20.12 horas, estando tamén presentes na intervención axentes da Garda Civil e da Policía Local de Narón, a maiores das dúas ambulancias asistenciais de Urxencias médicas.